Datos básicos
Nome actual:
Telecentro de Boizán
Lugar: O Coto
Parroquia: Santiago de Boizán
Concello: Vilalba
Comarca: Terra Chá
Provincia: Lugo
Coordenadas:
UTM X: 604758.69
UTM Y: 4792619.86 Localizar no mapa
Uso no pasado
Centro de ensino primario e vivenda do mestre/a
Uso na actualidade
Local social para uso dos veciñosl e telecentro
Máis información
Inauguración:
1932
Descrición e historia
Edificio de dúas plantas de forma rectangular, construído en cachotaría, cos esquinais e enmarques das fiestras en cantaría e pechado con cuberta de lousa de catro augas en roda.
A casa-escola está feita sobre un zócolo para salvar o desnivel do terreo.
A fachada principal caracterízase pola simetría na distribución das aberturas, con fiestras con orelleiras en resalte e arquitrabes acanaladas. A porta principal de acceso conta con almofada na clave e ménsulas para soster o balcón, que non se conserva.
Na planta baixa estaba situada unha soa aula, de carácter mixto, e no primeiro andar estaba a vivenda do mestre/a, con dúas habitacións e cociña.
Esta escola foi construída por iniciativa dun grupo de veciños residentes en Cuba, que en 1925 organizaron unha colecta, coa que conseguiron 1031 pesos cubanos para enviar á parroquia, co obxectivo de construír un grupo escolar na súa terra natal. O resto dos cartos foron achegados polos veciños, así como materiais de construción e traballo; tamén houbo doazóns do crego e do Concello. En total tivo un custo de 13 153,22 pesetas.
O edificio funcionou como centro de ensino ata os anos 70.
Promotor