Datos básicos
Nome actual:
Escola de Goiriz
Lugar: O Campo do Cristo
Parroquia: Santiago de Goiriz
Concello: Vilalba
Comarca: Terra Chá
Provincia: Lugo
Coordenadas:
UTM X: 611621.90
UTM Y: 4797123.59 Localizar no mapa
Uso no pasado
Centro de ensino primario e de formación profesional. Vivenda do mestre/a
Uso na actualidade
Centro sociocultural para os veciños
Máis información
Inauguración:
13/01/1935
Descrición e historia
Edificio de dúas plantas de forma rectangular, construído en cachotaría, agás os esquinais e remarques das fiestras e portas, en cantaría. A cuberta é de lousa de dúas augas e ten un faiado que se usaba como almacén.
A fachada principal destaca pola simetría e regularidade dos vans de lintel curvo con orelleiras de enmarque en resalte. A imposta remarca a separación dos andares e proporciona sensación de horizontalidade, remarcada polo balcón, que centraliza o conxunto. Sobresae un frontón rectangular, que debía acoller un reloxo e que leva unha inscrición con letras de molde que di: «SOCIEDAD DE INSTRUCCION Y BENEFICENCIA HIJOS DE GOIRIZ HABANA 1934». Ao carón da porta principal hai unha placa de bronce conmemorativa da inauguración da escola.
Na planta baixa estaban situadas dúas aulas, para nenos e nenas, e no primeiro andar, a vivenda do mestre/a que tiña unha entrada independente pola fachada posterior.
Esta casa-escola foi construída pola sociedade habaneira Hijos de Goiriz en colaboración cos veciños da parroquia, que contribuíron con cartos e co seu traballo.
Tras a súa inauguración foi alugada ao Concello como centro escolar, aínda que a sociedade mantivo economicamente unha aula de estudos de formación profesional co seguinte temario: artes e oficios, agricultura, preparación mercantil, linguas (inglés e francés), taquigrafía e mecanografía.
Promotor
Sociedad de Instrucción y Beneficencia Hijos de Goiriz
- Compra do terreo
- Construción de nova feitura
- Equipamento en xeral