Imprimir Ligazón permanente
Escola La Antorcha de Cristiñade

Datos básicos
Nome actual:
Centro Cultural La Antorcha
Lugar: O Puño
Parroquia: San Salvador de Cristiñade
Concello: Ponteareas
Comarca: O Condado
Provincia: Pontevedra

Coordenadas:
UTM X: 539110.1484 UTM Y: 4666591.2185 Localizar no mapa

Uso no pasado
Centro de ensino primario para nenos e sede do Sindicato de Agricultores e Gandeiros de Cristiñade

Uso na actualidade
Local social para uso dos veciños da parroquia

Máis información
Inauguración: 12/06/1920

Descrición e historia
O antigo edificio, construído pola sociedade La Antorcha del Porvenir de Bos Aires, pouco ten que ver co que se conserva na actualidade. O primeiro tiña dous andares e un faiado e estaba construído nun soar cun profundo desnivel, que provocaba que a planta baixa quedase sen entrada pola fachada posterior, soterrada á vista por unha ampla terraza feita para poder entrar á primeira planta. Actualmente, conta cun anexo de grandes dimensións na fachada lateral esquerda, de dous andares, de planta rectangular e a fachada principal é a fachada posterior do edificio orixinal, á que se accede por unha dobre escalinata.
Estaba construído en cachotaría á vista, con cuberta de tella a dúas augas, que xera un faiado. Moi sinxelo na súa estrutura e sen apenas elementos ornamentais, primouse a súa funcionalidade. Nas fotografías antigas que se conservan vemos que na fachada principal había unhas letras de gran tamaño nas que se podía ler: «SOCIEDAD DE AGRICULTORES DE CRISTIÑADE Y ESCUELA “LA ANTORCHA”». A porta desta fachada daba acceso ao local do sindicato agrícola, situado na planta baixa, onde se reunían os veciños; pola fachada posterior estaba a entrada do primeiro andar, onde estaba a aula para as clases dos nenos da parroquia.
Segundo os planos desta aula, medía 80,64 metros cadrados e tiña unha capacidade de 301,593 metros cúbicos, con 24,86 metros cadrados de luz e ventilación, tamén explica que «está edificado en un cerro a tres metros del nivel del suelo». No Regulamento da escola aparecen especificadas as normas de funcionamento desta: «Artículo 1º: Bajo la dirección del maestro de primera enseñanza D. Manuel Piñeiro se organiza una escuela de instrucción primaria que llevará por nombre “La Antorcha de Cristiñade» en el local de la sociedad de Agricultores de Crisiñade, cedido para ese fin por esa entidad, sufragando los gastos del funcionamiento de dicha escuela la sociedad “La Antorcha” integrada por hijos de esta parroquia residentes en Buenos Aires.
Artículo 2º: En esta escuela solo se podrán educar socios e hijos de socios de las sociedades La Antorcha y de la de agricultores de Cristiñade, los pobres de solemnidad y los menores huérfanos de padre y madre, cuyo tutor o persona que los tenga a su cargo esté asociada.
Artículo 3º: Todos los ejercicios tendrán base puramente educativa prescindiendo de la enseñanza inconsciente y memoralista. (...)».
A sede do sindicato pechouse a comezos da Guerra Civil española pero a escola seguiu funcionando durante moitos anos. O local pechado foi habilitado como cantina, onde se reunían os veciños, e co tempo engadiuse o anexo. Actualmente, o edificio é o centro cultural da parroquia denominado “La Antorcha “. Conta cun salón de actos e lugar de realización das actividades organizadas polos veciños.

Promotor
La Antorcha del Porvenir, residentes de Cristiñade en Buenos Aires
Inauguración da escola La Antorcha de Cristiñade

Imaxes