Imprimir Ligazón permanente
Escolas da Ponte Ulla

Datos básicos
Nome actual:
Antiga escola da Ponte Ulla
Parroquia: Santa María Madalena da Ponte Ulla
Concello: Vedra
Comarca: Santiago
Provincia: A Coruña

Coordenadas:
UTM X: 548810.52 UTM Y: 4736395.47 Localizar no mapa

Uso no pasado
Centro de ensino primario

Uso na actualidade
Local social para uso dos veciños

Máis información
Inauguración: 06/11/1927

Descrición e historia
Edificio de planta única rectangular, con cuberta de tella a catro augas en roda. Está construído en cachotaría irregular, agás a cantaría dos remarques dos vans, dos esquinais e da banda horizontal baixo a cornixa. Está feito sobre un baseamento de distinta altura para salvar o desnivel do terreo.
Na fachada principal destaca o remarque da porta de entrada, que tiña un lintel de medio punto coa clave central de gran tamaño e estaba flanqueada por unhas bandas verticais formadas por pezas a modo de perpiaños. Enriba, e centrando a fachada, hai un frontispicio de forma rectangular no que se conserva unha placa de mármore coa seguinte inscrición: «ESCUELAS NACIONALES DE PUENTE ULLA».
Este edificio non foi construído pola entidade promotora senón que xa existía na parroquia e funcionaba como cárcere. Arredor de 1925, pechou e o Concello decidiu cedérllelo aos veciños da parroquia para que instalasen alí unha escola. Estes pediron axuda aos seus veciños emigrados en Arxentina e cos cartos recadados por uns e por outros acondicionaron o edificio para ser un centro escolar.
Como tal foi inaugurado en 1927. Contaba con dúas aulas onde os nenos e nenas da parroquia recibían clases de ensino primario.

Promotores
Comisión Pro-Casa Escuelas en Puente Ulla
Sociedad Agrícola de Residentes del Municipio de Vedra en Buenos Aires
Sociedad Mutua y Auxiliar de Agricultores del Municipio de Vedra
Fachada principal da antiga escola de Ponte Ulla

Imaxes