Datos básicos
Nome actual:
EEI de Sabaxáns
Lugar: Sabaxáns
Parroquia: San Xulián de Bastavales
Concello: Brión
Comarca: Santiago
Provincia: A Coruña
Coordenadas:
UTM X:
UTM Y: Localizar no mapa
Uso no pasado
Centro de ensino primario e local do sindicato agrario
Uso na actualidade
Escola de educación infantil na planta baixa e local para uso dos veciños no primeiro andar
Máis información
Inauguración:
Sen datos
Descrición e historia
Actualmente, é un edificio de dúas plantas de forma rectangular, pero cando foi construído só tiña un piso. En 1950, foille engadido un segundo andar para que fose a sede do sindicato agrario da parroquia; como acceso independente a este novo andar, fixéronse unhas escaleiras exteriores na fachada lateral dereita que aínda hoxe se conservan.
Está construído en pedra, de cachotaría irregular agás os esquinais, cornixa e remarque dos vans, que son de cantaría, e ten cuberta de tella a dúas augas.
Ao longo dos anos, fóronselle engadindo anexos segundo as necesidades do momento: ademais do primeiro andar, unha estrutura prismática na fachada posterior na que hoxe están os servizos hixiénico-sanitarios e tamén un pequeno soportal sobre catro columnas que está pechado.
É unha edificación sinxela sen apenas motivos decorativos, agás o uso da cantaría e unha banda horizontal que separa os dous andares.
Este edificio funcionou primeiro como escola. Contaba con dúas aulas para os nenos e nenas da parroquia, separadas por un vestíbulo central. Estas dependencias eran usadas puntualmente para as reunións do sindicato agrario da parroquia. Na fachada principal, consérvase unha placa alusiva a unha das súas funcións na que se le "Sindicato agrícola fundado en el año 1908".
Nestes momentos, o edificio está rehabilitado e funciona como escola de educación infantil.
Promotores
Riveras del Tambre y Valle de la Mahía
- Construción de nova feitura
Sociedad Protectora del Centro Social de Bastavales