Datos básicos
	   Nome actual:
	   Escola Rosalía de Castro 
	   
			   
	   
			Parroquia: San Salvador de Taragoña
Concello: Rianxo
Comarca: Barbanza 
Provincia: A Coruña
	   
		Coordenadas:
		UTM X: 514408.23  
		UTM Y: 4724639.67		Localizar no mapa
		
		Uso no pasado
		Centro de ensino primario e orientación marítima  
		Uso na actualidade
		Na planta baixa, dúas aulas de educación infantil e dúas aulas de rimaria. No primeiro andar, sede do Centro Cultural Deportivo de Taragoña  
		Máis información 
				Inauguración: 
		
		1929
 
		Descrición e historia
		Orixinariamente a escola Rosalía de Castro era un edificio dunha soa planta, de forma rectangular, con cuberta de tella a catro augas en roda, que estaba construído sobre un baseamento para salvar o desnivel do terreo.
Feito en cachotaría irregular, destaca o uso de pezas de gran calidade de cantaría, como un elemento ornamental máis, nos remarques dos vans, nos esquinais, na cornixa e no baseamento, que emprega a cantaría e na parte inferior a cachotaría irregular. Como elementos decorativos na fachada principal podemos subliñar o lintel con forma de arco de medio punto nos tres grandes vans, con molduras, e o desenvolvemento dos seus peitorís. Nesta fachada aínda se conserva o frontispicio, sobre a porta principal, de forma rectangular e flanqueado por unhas pilastras, que remata nun frontón semicircular con molduras. Neste hai unha placa de mármore na que podemos ler «ESCUELA ROSALÍA DE CASTRO. FUNDADA POR LA SOCIEDAD HIJOS DE TARAGOÑA EN BUENOS AIRES. 1929».
A escola contaba con dúas aulas, separadas por un vestíbulo. Unha das aulas tiña a entrada pola porta principal, precedida dunhas escaleiras de pedra, e á outra accedíase por unha porta na fachada posterior.
Na actualidade o edificio está moi modificado, tras unha ampliación, apenas é recoñecible a antiga escola. A planta baixa sería o antigo edificio, ao que se engadiron dous pisos; na zona posterior tamén se lle anexaron dous bloques prismáticos para ampliar espazos. Propiamente o que se conserva son a fachada principal e as laterais, pois o interior tamén está totalmente cambiado. Na planta baixa funciona a escola de educación infantil desta parroquia e nos dous andares que se aumentaron está a sede do Centro Cultural Deortivo.
		
		Promotor
 Sociedad de Instrucción Hijos de Taragoña en la República Argentina
Sociedad de Instrucción Hijos de Taragoña en la República Argentina - Compra do terreo
- Construción de nova feitura