Imprimir Ligazón permanente
Casa-escola da Canda

Datos básicos
Nome actual:
Local da Asociación de veciños de San Mamede
Parroquia: San Mamede da Canda
Concello: Piñor
Comarca: O Carballiño
Provincia: Ourense

Coordenadas:
UTM X: 582753.71 UTM Y: 4704788.76 Localizar no mapa

Uso no pasado
Centro de ensino primario e vivenda do mestre/a. Biblioteca popular

Uso na actualidade
Local da asociación de veciños da parroquia

Máis información
Inauguración: 1931

Descrición e historia
Edificio de dúas plantas de forma rectangular, feito en cantaría.
A fachada principal ten como elemento dinamizador un balcón en saínte con varanda metálica. Os balcóns e portas son de forxa e teñen motivos decorativos vexetais.
Na actualidade conta cun engadido na parte superior que non se apreciaba nas fotografías antigas: un ático de cemento cun frontón triangular en que hai unha placa coa inscrición «Propiedad de la sociedad cultural Hijos de la Parroquia de San Mamed de la Canda en Buenos Aires».
Na planta baixa situábase a vivenda do mestre e no primeiro andar estaban as dúas aulas, para nenos e nenas, onde se impartían as clases lectivas. No exterior existía un terreo que era usado como horta, onde os alumnos facían prácticas agrícolas.
Segundo unha fonte oral consultada, a escola fíxose nun terreo mercado pola Sociedad Cultural Hijos de San Mamed de la Canda de Buenos Aires, pero foron os veciños os que construíron o edificio.
Actualmente o inmoble atópase rehabilitado, con numerosos cambios, sobre todo no interior.

Promotor
Sociedad Cultural Hijos de San Mamed de la Canda
Escola de Canda na actualidade

Imaxes